publicidade hoxe

Sinálase a data de levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados pola execución da primeira fase da mellora da estrada PO-235, no concello da Lama, cun orzamento de 600.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaLocal Portada
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da primeira fase na estrada Carballedo-Límite de provincia de Ourense (PO-235), ao seu paso polo Concello da Lama. Nesta primeira fase o Executivo autonómico investirá 600.000 euros. Para obter máis información, pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/QghPTF.

Así, o Goberno galego convoca aos titulares dos bens afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello da Lama para que comparezan o vindeiro día, 15 de marzo na Casa do Concelllo da Lama ás 10.30 horas, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos determinantes da rápida ocupación.

Estas actuacións levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 15+500 e o 15+740, onde se ampliará o pontón sobre o regueiro de Xesta, co fin de acadar un ancho de 8 metros e mellorando as curvas existentes antes e despois desta infraestruturas. Así mesmo, traballarase entre os PP.qq 17+200 e o 17+900, en Seixido.

O proxecto tamén contempla, entre outras accións, o ensanche e mellora da plataforma, a reposición da drenaxe da estrada e construción de gabias de seguridade, e a renovación da capa de rodadura.

Tras distintas reunións, finalmente acadouse que o proxecto nesta estrada quedase dividido en tres partes, priorizándose un primeiro treito, entre Antas-Seixido, entre os puntos quilométricos 11+870 a 18+100.

O Goberno galego, a través destas actuacións, continúa a traballar para mellorar e conservar a rede viaria autonómica, ofrecendo unhas estradas cómodas e seguras aos usuarios e fomentando o desenvolvemento económico e social dos concellos.

14 de febreiro de 2018 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.