publicidade hoxe

Medio Rural avanza nos traballos das tres reestruturacións parcelarias da Estrada para ter a firmeza de acordo no 2019

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, visitou hoxe o concello da Estrada para comprobar o avance das reestruturacións parcelarias que se están levando a cabo no municipio e explicar ao alcalde, José López, os traballos que se prevén desenvolver agora. O obxectivo será ter a firmeza do acordo no 2019 e, polo tanto, pechar administrativamente os tres procesos de reorganización.

O concello da Estrada ten ata tres concentracións parcelarias en marcha, unha delas a de Arca, a de Codeseda e a de monte Val do Vea, sector II. Todas elas están en fase de acordo coa toma de posesión das novas fincas dada e grazas ás últimas modificacións que se executarán este ano por valor de medio millón de euros lograrase a firmeza do acordo, o que na práctica significa pechar administrativamente o proceso.

Os traballos consistirán nos últimos acondicionamentos de camiños e parcelas e adecuación dos informes técnicos. En total, os tres procesos supoñen ordenar un territorio equivalente a 1.982 hectáreas e beneficiarán a 2.005 propietarios. Pasarase de 26.102 parcelas iniciais a 3.989 predios.

Tras o encontro entre o director xeral e o rexedor, ambos acercáronse ata a zona de Val do Vea II para comprobar as actuacións sobre o terreo e explicar as actuacións previstas aos veciños.

21 de febreiro de 2018 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.