publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente inicia os traballos de eliminación dun punto de vertedura incontrolada na Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia hoxe os traballos para eliminar un punto de vertido incontrolado no Concello da Baña (A Coruña), concretamente, no lugar de Vigobó. Esta actuación medioambiental enmárcase nunha campaña do Goberno galego dotada para este ano cun total de 897.562,59 euros e coa que aspira a erradicar uns 140 puntos de vertido en 20 concellos.

Os puntos de vertido incontrolado son pequenos focos nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona para o entorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético. O material que se adoita a localizar nestes puntos consisten en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción.

No caso do Concello da Baña, a acumulación de residuos foi localizada no lugar de Vigobó e o custo estimado para a súa erradicación é de máis de 20.000 euros.

Os traballos de acondicionamento na zona consistirán na recollida, clasificación e retirada do material, na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Coa limpeza destes puntos de vertido incontrolado perséguese minimizar e corrixir os impactos orixinados nestas zonas, logrando a integración do lugar co seu entorno e eliminando o hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo nestes lugares.

Correcta xestión dos residuos

Este tipo de actuacións por parte da Xunta forman parte dunha estratexia global continuada para a correcta xestión dos residuos, na que tamén se inclúen outras instalacións, como son os puntos limpos.

O obxectivo destes programas é facilitar aos concellos o cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbanos e permitir aos cidadáns realizar unha correcta xestión, segundo o establecido na xerarquía europea de residuos (prevención, reciclaxe ou valorización material, valorización enerxética e eliminación).

5 de febreiro de 2018 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.