publicidade hoxe

Medio Ambiente estudará varios proxectos para mellorar o saneamento e a calidade das augas fluviais en Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelide
A-
A+
Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Melide

Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Melide

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero, e a alcaldesa de Melide, Dalia García, mantiveron unha reunión de traballo na que analizaron varios proxectos e obras de interese municipal en materia de saneamento e mellora da calidade das augas fluviais do concello.

Concretamente, falaron dos traballos para a conexión do polígono coa EDAR de Melide e da situación actual da zona de baño no río Furelos. Neste sentido, a rexedora expuxo a necesidade de acometer algunha tipo de actuación na praia fluvial co fin de mellorar a calidade das augas na zona, unha petición que a conselleira de Medio Ambiente se comprometeu a estudar con Augas de Galicia.

8 de febreiro de 2018 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.