As obras do miradoiro no Pozo do Inferno, en Crecente, están xa rematadas
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematou as obras de construción dun novo miradoiro no Pozo do Inferno, no Concello de Crecente; ao que se destinaron case 25.000 euros.
Esta actuación tamén incluíu o acondicionamento e mellora dos accesos, coa instalación de escaleiras e pasarelas de madeira desde a estrada ata o miradoiro e a sinalización do zona. As obras, que contan con recursos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, pretenden poñer en valor a zona do río Ribadil, que presenta unha vexetación caracterizada pola presenza de carballos, sobreiras, loureiros, salgueiros e outras especies típicas dos bosques de ribeira.
A directora xeral recordou que o Pozo do Inferno situado na parroquia de Vilar e nos últimos anos leváronse a cabo diversas actuacións para por en valor o patrimonio natural do concello de Crecente, como as obras de mellora do sendeiro, con apertura de caixa e adecuación do firme, instalación de escaleiras e pasarelas de madeira e recuperación do bosque de ribeira.
A directora xeral destacou que a creación de rutas naturais, xunto co seu acondicionamento e sinalización contribúe ao desenvolvemento e dinamización do medio natural, proporcionando ao público en xeral información dos valores naturais dos lugares polos que discorren estas rutas.
A práctica de actividades en contacto directo coa natureza ten un dos seus maiores expoñentes no sendeirismo. As rutas de sendeirismo discorren na maioría dos casos por lugares de alto valor natural, polo que a recuperación e acondicionamento deste patrimonio natural contribúe á mellora do carácter de utilidade pública deste espazos, ademais de crear oferta no sector rural e a potenciación dun modelo de desenvolvemento sostible.
Neste caso concreto, o Mirador do Pozo do Inferno está integrado no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) do Baixo Miño, que engloba toda a marxe galega do río Miño, incluíndo as súas ribeiras, desde a presa de Frieira ata a desembocadura en A Guarda. O río discorre sen embalsar ao longo de todo este tramo. No espazo Rede Natura tamén se inclúe parte dos cursos de varios ríos, entre os que se encontra o Ribadil ao seu paso polo concello de Crecente.
Ana María Díaz destacou o esforzo da Consellería de Medio Ambiente por apostar por este tipo de actuacións, que cumpre co obxectivo de recuperar espazos naturais e da súa posta en valor, co fin de que o conxunto da sociedade goce das paisaxes desta área galega.