Alfonso Rueda reúnese co director xeral de Tráfico para abordar asuntos relacionados coa seguridade e educación viaria

Alfonso Rueda na reunión co director xeral de Tráfico do Ministerio do Interior. Foto: X. Crespo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co director xeral de Tráfico do Ministerio do Interior, Gregorio Serrano, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, para tratar temas relacionados coa seguridade e a educación viaria en Galicia. A coordinadora da DXT en Galicia, Victoria Gómez Dobarro, tamén participou no encontro.
Durante o encontro tratáronse diversos asuntos, como as actuacións necesarias sobre as vías, o fomento a promoción da seguridade viaria laboral, a colaboración en materia de tráfico das policías locais, a coordinación para o tratamento de condutores reincidentes ou o impulso dunha mobilidade sustentable e segura. No encontro tamén se presentou un Protocolo de actuación no que están implicadas a administración central e a autonómica co obxectivo de reducir os accidentes e vítimas de tráfico.











