publicidade hoxe

Alfonso Rueda participa nun coloquio con empresarios no Club Financeiro da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda no coloquio cos empresarios. Foto: M. Fuentes

Alfonso Rueda no coloquio cos empresarios. Foto: M. Fuentes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nun almorzo-coloquio no Club Financeiro onde gabou o labor dos empresarios galegos e animounos a seguir sumando esforzos entre todos, como creadores de riqueza tanto a nivel económico, empresarial e social.

Así o salientou hoxe durante un coloquio na Coruña con empresarios de diversos sectores, onde expuxo as principais liñas de actuación do seu departamento e realizou un repaso polas actuacións levadas a cabo nestes últimos anos. Indicou que o obxectivo de todos ten que ser seguir traballando agora que se albisca a recuperación económica, cunha Administración máis útil, de maior calidade, máis eficaz e que ofreza mellores servizos, tanto á cidadanía como ás empresas.

26 de febreiro de 2018 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.