publicidade hoxe

A Xunta pon en servizo 17 novas liñas coa segunda fase do Plan de acceso dos buses interurbanos ao centro da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia puxo hoxe luns en servizo a segunda fase do Plan de acceso dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña. Os concellos beneficiados por segunda fase do plan son A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Laracha, Carballo, Cambre, Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis e Abegondo. Os horarios das liñas que comezaron a funcionar esta mañá foilles remitida pola Consellería de Infraestruturas esta semana esta información aos municipios, e pódese consultar consultar na web.

Coa posta en funcionamento desta iniciativa, os autobuses dos corredores de Arteixo e Carballo acceden ao centro urbano con paradas na Praza de Pontevedra/Juan Flórez, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e Estación de autobuses.

As liñas que desde hoxe prestan servizo no centro urbano son as seguintes:

A Coruña-Boedo por Meicende, Suevos e Rañobre
A Coruña-Boedo, por Pastoriza e Arteixo
A Coruña-Meicende-Malpica-Porto de Suevos
A Coruña-Carballo por Meicende, Caión e Razo
A Coruña-Meicende-Malpica-Corme porto
A Coruña-Castrillón por A Grela e Caión
A Coruña-A Grela-Arteixo-Carballo-Vimianzo-Cee-Fisterra
A Coruña- A Grela-Carballo-Malpica-Corme porto
A Coruña-A Grela-Monteagudo
A Coruña-Ponte Pasaxe-Abegondo-Montouto
A Coruña-Ponte Pasaxe-Pravio-Abegondo-Cesuras Estación-Os Rilos
A Coruña- Ponte Pasaxe-Mabegondo-Cos-Oza Dos Rios-Curtis
A Coruña- Ponte Pasaxe-Mabegondo-Presedo-Cos-Oza Dos Ríos-Curtis
A Coruña- O Burgo-Pravio-Montouto
A Coruña- O Burgo-Frais-Montouto
A Coruña-Ponte Pasaxe-Frais-Montouto
A Coruña-Ponte Pasaxe-Pravio-Frais-Montouto

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, completou esta mañá nun autobús de liña regular o traxecto entre Arteixo e a praza de Pontevedra. Estivo acompañado polos alcaldes de A Laracha, José Manuel López Varela, e de Arteixo, Carlos Calvelo, así como do deputado Aurelio Núñez, e da concelleira da Coruña Begoña Freire, entre outras autoridades.

Á súa chegada ao destino, Rodeiro sinalou que “o obxectivo desta iniciativa é facilitar os desprazamentos aos usuarios grazas a un maior número de liñas que poidan ter acceso todos os días e durante todo o día, ao centro urbano da Coruña”.

Plan de transporte eficaz

Rodeiro recordou que “esta iniciativa permitirá chegar ao centro 17 liñas interurbanas máis que incidirán en preto de 900.000 viaxes ao ano”. A Xunta dá continuidade á primeira fase do plan, “que nestes tres meses de funcionamento xa posibilitou que nas liñas melloradas, un de cada tres desprazamentos que entran ou saen da Coruña usaron as novas paradas do centro urbano”, engadiu.

O delegado territorial indicou que “a Xunta leva anos traballando na articulación dun verdadeiro plan de transporte metropolitano, con cinco millóns de usuarios beneficiados cada ano e 14.000 Tarxetas Xente Nova que permiten aos menores de 19 anos viaxar sen custo”. Rodeiro engadiu que a entrada dos buses metropolitanos “completa unha estratexia que demostra que a Xunta está comprometida coa mobilidade e a sostenibilidade a través dun transporte público eficaz e axustado ás necesidades”.

26 de febreiro de 2018 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.