publicidade hoxe

A Deputación iniciará os traballos arqueolóxicos no xacemento de Monte do Facho en abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra iniciará no próximo mes de abril as actuacións arqueolóxicas no Monte do Facho en Cangas, enmarcadas no Protocolo asinado entre a institución provincial e o Ministerio de Fomento, destinadas á consolidación, restauración, escavacións de apoio e limpeza, tarefas todas elas previas o desenvolvemento do proxecto de musealización do Ministerio.

Arqueólogos e técnicos da Deputación, nunha reunión informativa mantida hoxe co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e o Presidente da Comunidade de Montes de Hío, confirmaron que xa se está a elaborar o proxecto de intervención, que terá que ser aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, e que a duración estimada do traballo arqueolóxico no xacemento do Facho será de seis meses

Esta nova intervención arqueolóxica concluirá os traballos nas zonas xa escrutadas durante campañas anteriores e restaurará e consolidará más de 30 estruturas. Ademais preténdese intervir sobre algunhas zonas nas cales non se escavou toda a súa superficie en actuacións pasadas. O obxectivo final é a creación dunha zona a visitar para o seu aproveitamento turístico de máis de 1500 metros cadrados.

Deputación de Pontevedra e Concello de Cangas colaborarán na promoción e difusión da intervención ademais de organizar visitas guiadas ao público en xeral e visitas de colexios para que poidan seguir os traballos no xacemento. Amais, está prevista a realización de conferencias sobre temática arqueolóxica na zona.Final del formulario

7 de febreiro de 2018 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.