publicidade hoxe

A Consellería de Medio Rural e o concello de Castro de Rei analizan a situación actual dos procesos de reestruturación parcelaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLocal PortadaLugo
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Castro de Rei

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Castro de Rei

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado, para estudar a situación actual dos procesos de reestruturación parcelaria que están abertos a día de hoxe neste municipio lugués.

En concreto, están vivas 3 zonas que corresponden a Ramil, San Xiao de Mos e Triabá, estando en fase de acordo as dúas primeiras e en bases definitivas a terceira. Está previsto traballar nesta última ao longo deste exercicio e estudar a petición dunha nova zona de reorganización situada na parroquia de Viladonga. A conselleira salientou que o seu departamento está traballando arreo para tratar de rematar administrativamente as 128 zonas vivas que hai arestora na comunidade e que, as deste concello lugués, tamén serán tidas en conta.

22 de febreiro de 2018 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.