publicidade hoxe

O Goberno da Deputación de Lugo reforza a Montaña e a Mariña con 78 operarios e 38 máquinas polo temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, avanzou este mércores que o Goberno Provincial mobilizou ás estradas provinciais, reforzando a Montaña e a Mariña, un dispositivo especial debido ás posibles inclemencias meteorolóxicas que se prevén para hoxe. Na rede viaria da Deputación hai outros 78 operarios e 38 máquinas preparados. A previsión é que o temporal de neve e vento chegue a Lugo ás 16:00 horas.

Na Montaña, hai outros 60 operarios e 32 máquinas. Espéranse acumulacións de neve e xeo en estradas de Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, O Incio, Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz. Recoméndase circular con precaución polas vías destes concellos e reducir ao mínimo os desprazamentos.

Na Mariña, hai 18 operarios e 6 máquinas pois a auga e o vento poderían ocasionar caídas de árbores ou desprendementos.

Cómpre resaltar que o Goberno da Deputación ofrece asistencia viaria MUNICIPAL a todos os Concellos da provincia que o soliciten. Faino de xeito totalmente gratuíto. Trátase dunha prestación que non ofrecen o resto de administracións, que é moi necesario para as entidades locais, debido á súa falta de medios.

10 de xaneiro de 2018 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.