publicidade hoxe

“Mulleres en Acción. Violencia Zero” chega a Forcarei coa actuación de Antía Otero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa de Forcarei, Belen Cachafeiro, e pola deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, asistirá este martes 30 de xaneiro ás 13:15 horas, no Salón de Actos del IES Chano Piñeiro, á quinta intervención artística do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.

Nesta ocasión, a protagonista da acción artística será a actriz e poetisa Antía Otero, que presentará en Forcarei a súa acción poética “Palabra en adival”, unha obra que fala do traballo e da vida das mulleres. Nada na Estrada, Otero gañou como poetisa o VII Certame Francisco Añón con “De porta un horizonte”. A súa obra pode lerse tamén en publicacións colectivas como “Novas de poesía”, “17 poetas” (Fundación Uxío Novoneyra) ou “De cantares hoxe”.

Esta edición comezou en novembro de 2017 e novamente se celebra este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).

29 de xaneiro de 2018 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.