publicidade hoxe

Medio Rural achegou máis de 145.000 euros nos dous últimos anos para o arranxo de camiños municipais en Mazaricos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMazaricos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural achegou nos dous últimos anos máis de 145.000 ao concello de Mazaricos para o mantemento das vías municipais. Fíxoo a través do Plan marco de camiños ao que poden optar todos os concellos para o arranxo daqueles acceso de competencia municipal.

En concerto, no 2016 Mazaricos recibiu 77.274 euros para o mantemento e posta en valor das vías de Maroñas a Cuiña, de Lago ao Encoro, de Lago a Pidre e de Casteliño a Gosolfre. E en 2017 arranxou os camiños de Hurreiras en Alborés, de Asenso a Pino do Val en Chacín, pistas en Mámoas, camiño de Atán a Fonte Codeso e a pista de Mancos en Vaos, cun total de 68.402 euros. Ademais, xa está asignada a achega que lle corresponde neste exercicio, outros 68.403 euros, que o goberno local xa pode pedir formalmente, ao estar aberto o prazo de solicitude.

O Plan de mellora de camiños de Medio Rural está dotado este ano con 16 millóns de euros que permitirán a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de toda Galicia. Respecto ao reparto de fondos, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) acordou no seu momento coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de distribución, cunha base fixa de 15.000 euros por localidade, que pode ir aumentando en base a conceptos como número de habitantes, a superficie, o peso do agro, así como o grao de envellecemento ou despoboamento.

18 de xaneiro de 2018 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.