Marta Míguez acompaña á delegación galega de ciclismo na viaxe a Legazpi (Guipúscoa) para participar no Campionato de España de Ciclocross
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañou á delegación galega de ciclismo no inicio da súa viaxe á Legazpi (Guipúscoa) para participar no Campionato de España Loterías de Ciclocross. A selección está composta por 19 corredores, técnicos, auxiliares e directivos da Federación Galega de Ciclismo aos que desexou a mellor das sortes no campionato que terá lugar do 12 ao 14 de xaneiro.