Máis de 15.500 deportistas utilizaron as instalacións deportivas do Príncipe Felipe durante o ano 2017
Durante o ano 2017, as instalacións deportivas do Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra, foron utilizadas con regularidade por máis de 50 clubs e acolleron actividades nas que participaron ao redor de 15.600 deportistas tanto da provincia de Pontevedra como de fóra.
Máis polo miúdo, o campo de fútbol foi utilizado semanalmente por 47 equipos da provincia e no pavillón adestraron un club de balonmán (Club Balonmán Cisne), un de baloncesto (CAB Pontevedra), un de ximnasia rítmica (Treboada) e dous de fútbol sala (Cidade de Pontevedra e InterPontevedra) e xogou os fines de semana o Tenis de Mesa Monteporreiro. Amais, ao longo do ano, no campo de fútbol disputáronse 425 partidos e no pavillón, 173.
Tamén durante o ano 2017, as instalacións deportivas do Príncipe Felipe acolleron ata 23 eventos tales como concentracións de equipos profesionais, campionatos galegos, torneos infantís, campus de tecnificación para nenos e nenas e campamentos multideporte. A través destes eventos utilizaron as instalacións da Deputación de Pontevedra máis de 5.200 persoas.