publicidade hoxe

Continúa aberta a convocatoria para axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVedra
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita á explotación avícola Rivadulla SL

Ovidio Rodeiro na visita á explotación avícola Rivadulla SL

A Consellería do Medio Rural mantén aberto ata o vindeiro 12 de febreiro o prazo de solicitude das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Esta convocatoria conta cun orzamento de 29,1 millóns de euros e está cofinanciada nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, lembrou esta liña de axudas durante a visita que fixo esta mañá á explotación avícola Rivadulla SL, que o ano pasado obtivo unha achega de algo máis de 100.000 euros para a instalación dun equipo automático de alimentación, despaletización e evacuación das gaiolas dos polos, previo a entrada na cadea de sacrificio, ademais da incorporación dunha serie de carretillas elevadoras. Na visita o delegado estivo acompañado polo fundador, Manuel Carpinteiro, as dúas conselleiras delegada, Carmen e Silvia Carpinteiro Orosa; o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e o xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Manuel Rodríguez.

Rivadulla SL dispón de dúas granxas de polos situadas no concello de Vedra e na provincia de Pontevedra, onde tamén realiza actividades de despece. Igualmente dedícase á venta de ovos e polos vivos, e tamén compra a outros produtores. A comercialización dos seus produtos é a través de carnicerías, supermercados e distribuidores alimentarios. Practicamente o 100% da comercialización realízase en Galicia. O volume de negocio situase en 5,1 millóns de euros e conta con 67 traballadores. Trátase dunha empresa familiar na que a xestión está a día de hoxe en mans da segunda xeración.

A esta liña de achegas anunciada onte polo delegado territorial poderán acollerse os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles e a compra de maquinaria e equipamentos novos, incluídos os programas informáticos e os soportes lóxicos. O fin último é crear unha nova industria agroalimentaria ou mellorar as xa existentes.

Ao tratarse de grandes obras, esta liña de axudas ten carácter plurianual. Así, para a anualidade do 2018, o presuposto é de 11,6 millóns, para o 2019 a cantidade é de 14,5 millóns e para 2020 a contía ascende a tres millóns de euros. De feito, a orde ten por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios, sendo o investimento mínimo realizado polo solicitante de 60.000 euros.

Ovidio Rodeiro lembrou que “o prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria remata o vindeiro día 12, se ben os que precisen entregar a preceptiva licenza de obras no caso de que a inversión inclúa a construción de novas superficies cubertas ou a ampliación das existentes, así como para a presentación do informe favorable de avaliación ambiental, terán un prazo de ata tres meses para facelo”.

30 de xaneiro de 2018 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.