publicidade hoxe

A Xunta inviste 120.000 euros en diferentes actuacións de mellora do medio ambiente no concello de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaVimianzo
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión co alcalde de Vimianzo

Ovidio Rodeiro na reunión co alcalde de Vimianzo

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou xunto ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, as actas de recepción das obras realizadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En total, investíronse máis de 120.000 euros na recuperación de diferentes espazos, entre eles o lugar de Cerban, na parroquia de San Martiño de Castrelo, e o anexo ao parque empresarial. As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental correspóndelles aos concellos que teñen o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou están afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

No caso de Vimianzo, o municipio alberga 68 aeroxeneradores e preto de 22 quilómetros de liñas. Estas axudas, concedidas a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

23 de xaneiro de 2018 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.