publicidade hoxe

A Xunta impulsa a formación para desempregados en atención sociosanitaria con dous cursos promovidos por Cruz Vermella Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Marisol Díaz na visita a Cruz Vermella de Ourense

Marisol Díaz na visita a Cruz Vermella de Ourense

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe a entidade Cruz Vermella de Ourense e comprobou o desenvolvemento de dous cursos de formación para desempregados (AFD) promovidos por esta entidade en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. En total son 30 as persoas que participan nestas dúas iniciativas formativas que contan cunha achega de case 80.000 euros.

Na visita Díaz Mouteira estivo acompañada polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez; o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez; e polo presidente da Cruz Vermella na provincia, Felipe Ferreiro e outros responsables da entidade

Cada un dos cursos conta con 15 alumnos que reciben formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e no domicilio e que, ao seu remate, obterán o certificado de profesionalidade nas devanditas especialidades válido en toda España. O curso de atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ten 468 horas de formación, mentres que o de atención sociosanitaria de persoas no domicilio amplía a formación ata chegar a 618 horas. As dúas accións formativas capacitarán ao seu alumnado para atender a persoas con especiais necesidades e manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.

Díaz Mouteira incidiu na importancia da formación de cara á mellora da empregabilidade. Neste senso, subliñou a aposta da Xunta pola organización de cursos de formación co obxectivo de incrementar a empregabilidade das persoas sen un traballo facilitándolles, polo tanto, o seu acceso ao mercado laboral.

Así, a delegada territorial da Xunta lembrou que na provincia de Ourense, o departamento que dirixe Francisco Conde impulsa este ano con máis de 9,3 millóns de euros a formación para desempregados que se imparte en empresas, concellos ou entidades sen ánimo de lucro, unha contía que permitirá a posta en marcha de 244 cursos que sumarán case 110.000 horas de formación para beneficiar a 3.660 alumnos e alumnas.

9 de xaneiro de 2018 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.