publicidade hoxe

A Xunta colabora coa Mancomunidade do Salnés na adquisición dun vehículo para a loita contra a vespa velutina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilanova de Arousa
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron esta mañá na presentación do novo vehículo da Mancomunidade do Salnés para a loita contra a vespa velutina e o picudo vermello.

O acto tivo lugar no auditorio do Esteiro de Vilanova de Arousa, e no mesmo, estiveron tamén presentes o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, así como o xerente do ente, José Ramón García Guinarte.

A adquisición deste novo vehículo supuxo un investimento de arredor de 112.000 euros, dos cales case 74.000 corresponderon a una subvención aportada pola Vicepresidencia, a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Trátase dun vehículo Unimog cunha longa grúa de entre 30 e 40 ml, e cun cesto homologado con espazo para dúas persoas, que permitirá eliminar niños de vespa velutina situados a gran altura e difícil acceso, actuando sobre os nove concellos que compoñen a Mancomunidade do Salnés.

A vez, tamén permitirá instalar nas palmeiras o tratamento contra a enfermidade do picudo vermello, así coma a poda das ramas destes árbores ou doutros que poidan por en risco a seguridade dos cidadáns.

Ao longo do pasado ano, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) tamén levou a cabo a entrega de traxes de protección individual e pértigas para a loita e control da vespa asiática a diversos concellos e agrupacións de emerxencias dentro do operativo establecido para loitar contra a vespa velutina en toda Galicia.

9 de xaneiro de 2018 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.