publicidade hoxe

A Xunta busca mellorar o benestar das persoas maiores cos servizos profesionais de proximidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaLocal PortadaLugo
A-
A+

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, sinalou hoxe que a Xunta de Galicia segue a apostar polos servizos de atención aos maiores, en especial para aqueles que teñen limitada a súa autonomía, co obxectivo de conseguir un maior benestar para este colectivo. Así o dixo durante a visita que realizou esta tarde ás instalacións da residencia pública de maiores do municipio lucense de Burela.

Este centro de titularidade e xestión autonómica, con cun total de 88 prazas, das que 58 están destinadas a persoas con autonomía e as 30 restantes a persoas con dependencia. Entre os servizos que oferta destacan as actividades lúdicas, recreativas e socioculturais; así como o acceso a ximnasio e á biblioteca entre outros.

A directora xeral salientou que “a atención aos nosos maiores é un dos obxectivos prioritarios da Xunta, de aí o impulso que se está dando ás políticas sociais ás que se destinan máis orzamentos que nunca antes na historia de Galicia”. Neste sentido, engadiu que “queremos que os nosos maiores vivan máis e mellor, e por iso apostamos por seguir completando a rede e os servizos do sistema de dependencia, principalmente os servizos profesionais de proximidade e de atención no contorno familiar, os cales son ademais os máis demandados e os preferidos pola poboación”.

Cómpre destacar que no 2018 os orzamentos destinados á área de maiores e persoas con discapacidade ascende aos 414 millóns de euros.

15 de xaneiro de 2018 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.