publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aborda a situación dos principais servizos sociais que presta no concello da Peroxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaLocal Portada
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde da Peroxa

Rey Varela na reunión co alcalde da Peroxa

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre administracións cunha xuntanza co primeiro edil do concello da Peroxa, Manuel Seoane Rodríguez. A entrevista, que tivo lugar en San Caetano, serviu para abordar a situación dos servizos e programas sociais que se desenvolven nesta vila da provincia de Lugo.

Así as cousas e no eido de familia e infancia, ambos mandatarios coincidiron en subliñar a excelente ratio de atención que presenta o concello ourensán, grazas ao servizo que presta o Punto de Atención á Infancia (PAI) municipal e para o que a Xunta de Galicia achega cada ano 9.000 euros.

No que respecta ás persoas maiores, a Consellería de Política Social oferta 9516 horas anuais para o Servizo de Axuda no Fogar que permiten que a ratio de cobertura se sitúe no 99,83%.

Cómpre destacar que A Peroxa conta cun centro residencial para persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas da Asociación de Pais e Nais a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanas). En concreto, estas instalacións dispoñen de 30 prazas, todas elas concertadas. Así mesmo, hai unha unidade de adultos con autonomía de 24 prazas, a metade das cales tamén forman parte da rede pública.

Rey Varela e Seoane Rodríguez abordaron a posibilidade de ampliar a colaboración das dúas institucións coa finalidade de mellorar os recursos asistenciais que se ofertan para os veciños e veciñas da Peroxa.

17 de xaneiro de 2018 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.