publicidade hoxe

A Deputación de Lugo mellora con 33.300 euros accesos viarios en núcleos rurais do Incio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO Incio
A-
A+

O Deputado provincial pola comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, supervisaron este mércores o resultado das melloras en accesos viarios de núcleos rurais do Incio que financiou o Goberno da Deputación con 33.300 euros. Trátanse de obras coas que se rehabilitaron accesos nos núcleos rurais de Vilar da Vara, Aldea de Abaixo, Castelo; así como a fincas agrogandeiras no núcleo de Noceda.

En base a dito orzamento, ampliouse a pista de acceso a fincas agroforestais no Concello do Incio. Trátase dunha actuación moi demandada polos veciños e usuarios do monte pois, coa construción do corredor, as súas fincas quedaron practicamente illadas. Con estes traballos de apertura de accesos, os veciños teñen unha vía directa e ampla para poder acceder ás súas fincas. Por outra banda, levantouse un muro de contención e ampliouse o acceso ao núcleo de Castelo; formigonouse a vía central do núcleo de Vilar de Vara, e reabriuse e ampliouse un acceso no núcleo de Aldea de Abaixo. Esta última actuación foi posible grazas á colaboración veciñal, que cederon os terreos que permitiron dotar aos veciños de dito núcleo rural dun acceso básico ás súas casas.

Rivera Capón subliñou que “a través destas actuacións, dende o Goberno Provincial melloramos servizos e infraestruturas municipais básicas no día a día dos veciños, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural. Son obras coas que buscamos continuar dotando ao rural de servizos elementais que axuden a frear a sangría demográfica, fixando poboación no rural da nosa provincia”.

Neste senso, o Deputado lembrou que durante a anualidade pasada, o Goberno da Deputación inxectou preto de 500.000 euros no Concello para executar novos proxectos de mellora de infraestruturas como o acondicionamento de accesos en San Pedro, Barreiro, Eirexalba, Sirgueiros, Reboiro, Vilasouto, Viloira, Outeiro e Temoi, entre outros.

Celeiro García agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación con este tipo de actuacións “coas que melloramos as dotacións e infraestruturas municipais que non poderiamos levar a cabo con fondos propios”.

17 de xaneiro de 2018 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.