publicidade hoxe

A Xunta investirá 1,7 millóns de euros na construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou esta mañá o proxecto de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas, que contará cunha superficie construída de 1.321 m2, e terá un prazo de execución da obra previsto de 15 meses.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou hoxe os terreos onde a Xunta construirá o centro, que conta cun orzamento de licitación de 1.786.729 euros.

O concello de Salceda de Caselas ten, na actualidade, 7.832 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1.391 son de pacientes en idade pediátrica.

Distribución de espazos

O Servizo Galego de Saúde xa realizou un plan funcional para construír un novo centro de saúde neste concello. Así, na área de asistencia sanitaria contémplanse 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, unha consulta polivalente, unha sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería de pediatría e 1 consulta para a matrona,

Así mesmo, o novo centro de saúde contará con arquivo de historias clínicas, biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios; ademais doutros espazos con servizos comúns.

4 de decembro de 2017 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.