publicidade hoxe

O DOG publica o inicio do trámite de información pública do proxecto de mellora de seguridade viaria no acceso ao peirao de Portosín, na estrada AC-550

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPorto do Son
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de mellora de seguridade nunha intersección en Portosín, no Pq. 80+400 da estrada AC-550.

Tal como lle trasladou onte a conselleira Ethel Vázquez ao alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, este proxecto someterase ao trámite de información pública durante trinta días contados dende mañá co fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular as observacións convenientes. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/7A1PUF 

Este punto atópase situado nun treito de concentración de accidentes, polo que o proxecto de reforma da intersección foi incluído na estratexia na que está a traballar o Goberno galego para reducir estes tramos.

O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria da intersección na que conflúen a estrada autonómica AC-550, o acceso ao peirao de Portosín, denominado Travesía da Igrexa, e a Avenida Deputación. 

A intersección atópase situada nunha curva de radio reducido, que provoca que a súa visibilidade sexa reducida, en especial para os movementos desde a Travesía da Igrexa á AC-550. Para solucionar esta situación, executarase unha glorieta na intersección, o que permitirá calmar o tráfico e que os xiros se realicen en condicións máis seguras.

Ademais reordenarase e urbanizarase o espazo sobrante entre a AC-550 e a Avenida Deputación, que serve de acceso á igrexa de San Sadurniño de Goiáns e ao cemiterio, executando unha zona de aparcadoiro para atender á demanda existente de prazas de estacionamento e pavimentando a vía.

21 de novembro de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.