publicidade hoxe

A Xunta forma no manexo de carretillas elevadoras a 15 participantes na Estratexia de inclusión social de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+

A Consellería de Política Social, no marco da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsa estes días no concello pontevedrés de Redondela un curso sobre manexo de carretillas elevadoras. A actividade está cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

Esta formación, que comezou o pasado día 13 e se estenderá ata mañá, 16 de novembro, en horario de mañá e cun total de 20 horas lectivas teórico-prácticas, desenvólvese a través do equipo de Inclusión Socio-Laboral en O Porriño do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social. O curso impártese no multiusos de Redondela -a parte teórica- e na empresa Ragovi -a práctica-.

Os obxectivos desta actuación son favorecer e posibilitar a inserción laboral dos participantes a través dunha formación que aumente as súas competencias profesionais no mercado de traballo e facilitar a adquisición de coñecementos para que no futuro inmediato poidan desenvolver unha profesión adaptada ás esixencias actuais do mercado laboral.

Os contidos do curso xiran en torno a conceptos relacionados coa manipulación segura de maquinaria de manutención dentro da actividade empresarial. De feito, intenta cubrir a crecente necesidade de reducir os accidentes laborais e mellorar a competitividade empresarial, mediante a mellora do rendemento dos operarios na manipulación/seguridade das carretillas elevadoras.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de Inclusión Socio-laboral distribuídas por toda Galicia, máis un equipo que opera no módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, con internos que están a piques de obter a liberdade, no marco do programa “Nelson Mandela”.

15 de novembro de 2017 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.