publicidade hoxe

A Xunta destina 26.500 euros ao proxecto de mellora da iluminación pública na urbanización de Palmeiro, en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaXove
A-
A+

A Xunta de Galicia destinou 26.417 euros ao concello de Xove para colaborar no proxecto de mellora da iluminación pública e da eficiencia enerxética na urbanización de Palmeiro.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou a zona xunto co alcalde, Demetrio Salgueiro, e destacou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achegou o 65% do orzamento da obra con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Este fondo, engadiu Balseiro, procede do canon eólico e está destinado á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial das cales son principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

No caso de Xove, o proxecto subvencionado supón unha clara mellora tanto dende o punto de vista medioambiental como de redución do gasto. En concreto, procedeuse á substitución de farois en mal estado por outras novas, a substitución das luminarias existentes por outras máis eficientes tipo LED e a instalación de equipos electrónicos autoprogramables de dobre nivel, que axustan o fluxo lumínico e o consumo da lámpada dependendo da hora.

Estas modificacións permiten unha diminución da potencia instalada do 72% e un aforro do consumo de case o 73% en comparación co anterior sistema. “Ademais de mellorar de xeito significativo a iluminación de todo o entorno -sinalou o delegado-, contribuímos ao aforro na factura eléctrica do concello e a reducir a contaminación ambiental”.

20 de novembro de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.