publicidade hoxe

A Consellería do Mar reforza a seguridade viaria no peirao de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Consellería do Mar está a reforzar a seguridade viaria no peirao de Vilaxoán, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada a zona para comprobar o desenvolvemento das obras.

Durán Hermida explicou que o seu departamento está a investir máis de 22.000 euros nesta actuación que se atopa próxima á súa finalización. Con estes traballos mellórase a seguridade para o tráfico rodado que circula pola zona, especialmente o tráfico pesado que opera nos recintos portuarios.

En concreto, os traballos consisten na reconstrución de máis de 2.000 metros cadrados de pavimento no tramo que vai dende os departamentos de usuarios ata a primeira rampla do areal despois da curva en dirección Preguntoiro, agás unha pequena superficie xa reparada en 2016. Ademais de demoler o asfaltado existente e substituílo por un novo de 5 centímetros de mestura bituminosa, os traballos incluirán o pintado da sinalización horizontal preexistente.

7 de novembro de 2017 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.