Medio Rural avalía co Concello de Monforte a colaboración a prol das infraestruturas rurais nesta localidade
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé. Ambos avaliaron as posibilidades de colaboración para a mellora das infraestruturas rurais neste municipio lugués.
En concreto, o rexedor trasladou a necesidade de intervir nos camiños de acceso a viñedos no lugar de Guímaro, dentro da parroquia de Marcelle. A titular de Medio Rural comprometeuse a estudar esta e outras demandas, co fin de potenciar a riqueza agraria deste concello.