publicidade hoxe

A Xunta inviste 100.000 euros no acondicionamento da praza do Curro de Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPorto do Son
A-
A+

A Consellería do Mar a través de Portos de Galicia está a investir 100.000 euros no acondicionamento da zona portuaria da Praza do Curro de Portosín, en Porto do Son. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita á zona.

Durán Hermida explicou que esta actuación foi solicitada de xeito reiterado polo Concello e que Portos de Galicia leva varios meses a tramitar o proxecto para finalmente poder dar resposta á demanda local. As obras, que veñen de iniciarse esta mesma mañá, contarán cun prazo de execución previsto de 4 meses.

Os traballos consisten na reforma do conxunto da Praza do Curro, tanto na zona de tránsito rodado como nos espazos peonís, nunha superficie total de máis de 1.000 metros cadrados. En concreto, reformaranse os pavimentos existentes, nas beirarrúas e na calzada, reordenando a circulación na zona e habilitando espazos reservados para uso peonil.

O presidente de Portos explicou tamén que como complemento das obras substituiranse os condutos, arquetas e pozos das instalacións subterráneas existentes, dado o estado de deterioro no que se atopaban as anteriores.

11 de outubro de 2017 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.