publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora as condicións de amarre das embarcacións no peirao de Tragove, en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+

A Consellería do Mar está a executar a mellora das condicións de amarre das embarcacións no peirao de Tragove, no municipio pontevedrés de Cambados. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia nunha visita á zona na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

En concreto, a Consellería do Mar está a traballar na pilotaxe dunha ducia de fingers, brazos de amarre, que facilitarán o atraque e melloran a seguridade do amarre da flota nos pantaláns pesqueiros de Tragove. Esta obra dará resposta a unha necesidade trasladada polo sector profesional da zona para as embarcacións de tamaño medio.

Durán Hermida explicou durante a súa visita que a pilotaxe dos fingers outórgalles maior estabilidade e resistencia ante os tiróns que provocan os barcos durante a manobra de amarre.

Finalmente, o presidente de Portos de Galicia explicou que os traballos, que se atopan en execución, contan cun orzamento total de 50.000 euros e o seu remate e entrada en funcionamento está previsto para esta mesma semana.

2 de outubro de 2017 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.