A Consellería do Mar fixa entre as súas prioridades o fomento do consumo de peixe entre a xente nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Inauguración do seminario Percepción e hábitos do consumidor no mercado da Unión Europea

Inauguración do seminario Percepción e hábitos do consumidor no mercado da Unión Europea

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, animou á xente moza a consumir produtos da pesca e da acuicultura e fixou este cometido como unha prioridade para a Xunta de Galicia. Fíxoo na inauguración do seminario Percepción e hábitos do consumidor no mercado da Unión Europea, celebrado no marco da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados Conxemar.

Así, a directora xeral recordou que a Consellería do Mar ten unha experiencia probada na realización de campañas promocionais que resaltan as características do peixe, a súa orixe e a súa trazabilidade, como é o caso de O sabor da aventura está no mar ou Ponlle as pilas ao teu bocata, dirixidas aos escolares.

Alí, Mercedes Rodríguez tamén sinalou que estas campañas foron escollidas pola Unión Europea como exemplos probados de bo emprego do Fondo Europeo de Pesca. Neste sentido, insistiu a directora, que hai que tratar de chegar á xente moza con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, o tramo de idade no que o consumo de produtos da pesca e da acuicultura é máis baixo, polo que “debemos traballar conxuntamente para enganchar aos mozos ao consumo de peixe”, dixo.

Ao tempo, a directora xeral explicou que o seminario de hoxe constitúese como ese primeiro paso para fomentar o consumo de peixe entre os mozos. Nesta liña trasladou que as asociacións máis representativas do sector transformador en Portugal, Italia e España (ALIF, Assoítica e Conxemar), os tres países consumidores de peixe por excelencia en toda a UE, traballarán xuntos na análise das percepcións e hábitos dos consumidores, o paso previo e indispensable para incrementar o consumo de peixe. Farano, dixo a directora, a través dun compromiso de colaboración entre as tres asociacións que precisamente foi asinado hoxe en Conxemar.

Así mesmo, a directora xeral trasladou que este tipo de acordos entre asociacións do sector son fundamentais xa que “nun mercado tan globalizado como o actual é importantísimo establecer alianzas e estratexias que supoñan un mellor aproveitamento das oportunidades para as empresas comunitarias”, dixo.

4 de outubro de 2017 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.