Xunta e Goberno central coordinan os recursos para garantir o control do transporte de produtos vitivinícolas
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá nunha xuntanza celebrada na Subdelegación de Goberno co obxecto de coordinar os recursos dos Gobernos central e autonómico para o control do transporte de uva na provincia de Ourense nestas datas de vendima. Na reunión tamén participaron o subdelegado de Ourense, Roberto Castro, responsables da Policía Nacional e Autonómica e da Garda Civil, así como responsables dos consellos reguladores das denominacións de orixe existentes na provincia.
Trátase de verificar o cumprimento da normativa europea, nacional e autonómica relativa ao transporte destes produtos vitivinícolas. Estes controis súmanse aos que realizan os propios consellos reguladores para verificar a entrada de uva nas adegas.