Talleres grupais en Ordes sensibilizan e conciencian sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a necesidade de sensibilizar e concienciar sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade.
López Abella participou nas sesión grupais con mulleres, organizado pola Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, Acadar, onde lembrou a necesidade tamén de visibilizar as capacidades e necesidades das mulleres con discapacidade e sensibilizar á sociedade no seu conxunto,
Na mesma liña indicou a importancia de fomentar a empatía e coñecemento da realidade destas mulleres e facilitar aos profesionais información e formación sobre a realidade e necesidades específicas das mulleres con discapacidade vítimas da violencia de xénero.
O acceso en condicións de igualdade e a permanencia no mercado de traballo son elementos fundamentais de desenvolvemento persoal que contribúen ademais á plena inclusión social das persoas con discapacidade, indicou López Abella.