publicidade hoxe

Medio Rural explica aos concellos de Ourense o proceso a seguir no traspaso de parcelas do Banco de Terras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, mantivo esta mañá un encontro con alcaldes e outros representantes municipais da provincia de Ourense para explicar o proceso de traspaso de fincas do Banco de Terras sen utilidade agraria.

Na reunión, na que o director estivo acompañado pola delegada da Xunta Marisol Díaz Mouteira, explicouse con exactitude (a través de fichas individuais) as parcelas que pasarán a ser de titularidade municipal. En concreto, o proceso de cesión na provincia de Ourense afecta a 205 parcelas dos concellos de Baltar, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Cartelle, Celanova, A Merca, Porqueira, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

7 de setembro de 2017 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.