publicidade hoxe

Medio Rural e concello de Cerdedo-Cotobade reforzan a súa colaboración para impulsar o agro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeLocal Portada
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Cerdedo-Cotobade

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Cerdedo-Cotobade

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para avanzar na colaboración entre Xunta e Concello no impulso do agro neste municipio pontevedrés.

A conselleira e o rexedor avaliaron, en particular, as axudas para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal. Cerdedo-Cotobade recibirá este ano un total de 103.929,81 euros por parte de Medio Rural para poñer en valor estas vías de comunicación no seu territorio.

A titular de Medio Rural destacou que estas intervencións nos camiños enmárcanse no obxectivo xeral de fixar poboación no rural e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. Salientou ademais que este tipo de iniciativas buscan entre outros fins o da cohesión territorial, así como favorecer a saída dos produtos do agro cara os diferentes mercados.

14 de setembro de 2017 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.