publicidade hoxe

Inaugúrase o curso de ‘Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais’ que promove a Afalu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+
Balseiro na inauguración do curso

Balseiro na inauguración do curso

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na inauguración do curso Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que promove a Asociación Lucense de Familiares e Enfermos de Alzheimer (Afalu) en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta acción formativa, de 468 horas de duración, capacitará aos participantes para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario. A Xunta de Galicia outorgará ao alumnado que a complete (hai 15 persoas inscritas) o título homologado e terán dereito a solicitar o certificado de profesionalidade na devandita especialidade.

Este ano a Xunta inviste na provincia preto de 11 millóns de euros na formación para o emprego, a través dos cursos AFD, dirixidos preferentemente a persoas desempregadas. Están programados 151 cursos, de diversas especialidades, ofertando 1.800 prazas.

Recoñecemento ao papel do coidador

O dirixente territorial aproveitou tamén a conmemoración do Día Mundial do Alzheimer -que se celebra hoxe 21 de setembro- para poñer en valor a figura do coidador, xa sexa do entorno familiar ou como actividade profesional, sinalando que se trata dun acompañamento vital e un apoio fundamental como encargados de proporcionar os coidados que garanten a calidade de vida das persoas en situación de dependencia.

Nesta mesma liña hai que ter en contra a recente decisión da Xunta de reforzar os coidados no contorno familiar co incremento en máis de 3 millóns de euros e en 25.710 horas mensuais adicionais dispoñibles no Servizo de Atención no Fogar a persoas Dependentes (SAF), o que permitirá o que permitirá sumar un 47% máis de beneficiarios.

21 de setembro de 2017 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.