publicidade hoxe

Arranca a renovación do campo de fútbol de Palas de Rei con 230.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoPalas de Rei
A-
A+

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, supervisou este mércores o inicio dos traballos de mellora do campo de fútbol municipal Os Chacotes, que decidiu financiar o Goberno Provincial cunha achega de 230.000 euros da Deputación. O Concello colabora no financiamento con outros 4.000 euros.

Santos Ramos explicou que “con estas actuacións, damos resposta ás demandas dos 6 clubes de fútbol do Concello, que empregan a cotío estas instalacións municipais. Durante estes vindeiros 3 meses, que é o prazo de execución das obras, dotaremos ao terreo de xogo de herba artificial e dun novo sistema de rego, ademais de mellorar os vestiarios e os accesos, renovando, por completo, Os Chacotes. Estas actuacións enmárcanse dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, que cumpre coas necesidades dos veciños e mellora os seus servizos públicos”

Con estas melloras, beneficiaranse aos equipos de fútbol das categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior. Ademais, reforzaranse as actividades das Escolas Deportivas Municipais, como por exemplo as de fútbol sala, pois tamén adestran neste campo de fútbol.

200.000 euros máis en outras melloras de servizos públicos

O Deputado destacou que, ademais destas actuacións de 230.000 euros, o Executivo Provincial financia en Palas de Rei, con 200.000 euros máis, outras 6 obras tamén de mellora de servizos públicos aos veciños, como, por exemplo, o acondicionamento do paseo fluvial, do campo da festa, do centro de saúde e do PAC.

7 de setembro de 2017 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.