Apertura do prazo de preinscrición dos desempregados lucenses con capacidades diferentes do Ben Empregado 4
O Goberno da Deputación ten aberta a preinscrición, dende o día 11 ao 20 de setembro (ambos incluídos), para que lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral en paro participen no Ben Empregado 4! Máis social. Na web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un espazo habilitado co formulario e con toda a información para anotarse.
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, explicou que “en prol de acadar a través deste programa a maior empregabilidade posible, e co fin de conxugar a oferta coa demanda real da provincia, ábrese este prazo para recoller os perfiles laborais ou profesionais das persoas pertencentes a estes colectivos. Todos eles incorporaranse a unha base de datos que permitirá ao tecido empresarial coñecer inicialmente os recursos humanos dispoñibles”.
Ben Empregado 4
O Goberno da Deputación aprobou o Ben Empregado 4, máis social!, unha nova edición desta programación en impulso do emprego dotada de 2,2 millóns de euros, que permitirán a xeración duns 150 novos postos de traballo de calidade no conxunto do territorio lugués. Inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos sociais de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte ao taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses co obxectivo de dinamizar a economía da provincia e impulsar á importante labor social do tecido asociativo.
Contempla tres liñas de financiamento:
1.- Financiarase ao 100% os custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se traten de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral.
2.- Financiarase ao 90% os custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses para contribuír á importante actividade que desenvolven na provincia en atención á cidadanía.
3.- Financiarase ao 50% os custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia.
Máis social
Puntuarase favorablemente ás entidades e asociacións que ofrezan contratación indefinidas; que melloren as condicións laborais dos traballadores con respecto aos seus convenios sectoriais, así como as que ofrezan medidas de responsabilidade social e corporativa. O conxunto das cláusulas sociais incorporaranse aos contratos dos traballadores.