publicidade hoxe

A Xunta transfire un treito da estrada AC-173 ao concello de Oleiros para a execución dunha glorieta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOleiros
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia dun treito da estrada AC-173 a prol do Concello de Oleiros, para a execución dunha glorieta de enlace da estrada Perillo-Mera (AC-173) coa provincial DP-5812, que une Meirás e Santa Cruz, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria neste punto. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/zEJg3A.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), investirá máis de 591.000 euros.

Con esta actuación levarase a cabo unha reordenación completa do cruce das estradas AC-173 e DP-5812, para solucionar os problemas de tráfico existentes neste punto. Para realizar esta infraestrutura, consideráronse factores como os tráficos rodado e peonil ou o desenvolvemento urbano do ámbito da actuación.

O Concello de Oleiros encargouse da redacción do proxecto da rotonda, e da súa remisión á Axencia Galega de Infraestruturas para a súa conformidade. Ademais, xestionou os terreos necesarios e executou as obras.

A Consellería de Infraestruturas, tal e como se citou anteriormente, asumiu o compromiso de financiar os gastos de execución das obras, polo que agora fixo efectiva a transferencia de titularidade deste treito, entre Perillo e Santa Cruz, comprendido entre os Pq. 0+000 e 4+300, a prol do Concello de Oleiros. Esta cesión é coherente co seu tránsito ao longo de treitos urbanos e ademais favorecerá a explotación da vía dende o punto de vista municipal.

A Xunta, con este tipo de actuacións, continúa a traballar na mellora da rede viaria de Galicia, a ordenación do territorio e a súa cohesión, de xeito que se proporcionen aos cidadáns unhas estadas eficaces, cómodas e seguras, fomentando as relacións municipais e intermunicipais na procura dun desenvolvemento harmónico.

4 de setembro de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.