publicidade hoxe

A Xunta finaliza as obras de reurbanización da travesía de Outes, que supuxeron un investimento de 800.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOutes
A-
A+

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, acompañado o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e a alcaldesa de Outes, María Beatriz Molinos, supervisou hoxe o remate das obras na travesía deste municipio, na estrada Cee- Ribeira (AC-550), entre os puntos quilométricos 65+044 e 65+654, onde destacou que a Xunta investiu case 800.000 euros na reurbanización desta ao seu paso polo concello.

Con esta actuación logrouse que a travesía de Outes sexa máis accesible e máis cómoda para todos os usuarios, grazas a o reordenamento do ancho da estrada para incrementar o espazo destinado a beirarrúas, que contan coas dimensións recomendadas pola normativa vixente en materia de accesibilidade.

Con estas obras mantense o ancho das beirarrúas pola marxe dereita e ampliáronse as da marxe esquerda, reducindo o ancho do carril, que pasou de 3,5 a 3 metros.

Así mesmo, reforzouse a seguridade viaria, realizáronse melloras en varias interseccións, con semiglorietas que permiten dous cambios de sentido, coa construción de carrís centrais de espera, ademais da extensión dun novo firme.

Ademais, executouse a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais, alumeado e semáforos e a ampliación das beirarrúas da ponte sobre o río Tines (Pq 65+080) para embelecido da estrutura, mediante colocación de voladizo metálico e pavimento de madeira.

8 de setembro de 2017 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.