A Xunta destina medio millón de euros á liña eléctrica que levará o subministro ao parque empresarial de Taboada
A Xunta de Galicia destinará máis de 560.000 euros á construción da liña de media tensión que permitirá levar a enerxía eléctrica ao parque empresarial de Taboada. O consello de administración da empresa pública Xestur adxudicou hoxe esta obra, cun prazo de execución de tres meses meses.
A comezos deste ano xa se executaron neste parque obras de electrificación interna e remate do alumeado público, incluíndo a eliminación do tendido aéreo de media tensión que afectaba ao polígono e a posterior construción das infraestruturas necesarias para substituílo. Tamén se levou a cabo a instalación dun novo tendido de baixa tensión que garanta o subministro aos veciños afectados e se rematou o alumeado público do parque coa instalación dos báculos e luminarias que quedaron pendentes en fases anteriores.
Ademais, realizouse a construción dun aparcamento paralelo á estrada LU-212. O investimento realizado na electrificación interior do parque e a execución do aparcamento superou os 131.000 euros.