publicidade hoxe

A Xunta destina 2,8 millóns de euros en axudas para apoiar os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios na provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Marisol Díaz na visita á cooperativa Santa Mariña de  Loureiro

Marisol Díaz na visita á cooperativa Santa Mariña de Loureiro

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de destinar para a provincia de Ourense 2,8 millóns de euros en axudas directas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Un total de 39 empresas ourensás beneficiaranse destas subvencións que contribuirán a execución de proxectos de creación, ampliación e modernización das súas instalacións que supoñen un investimento total de preto de 8 millóns de euros.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitou a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro SCG, emprazada no concello do Irixo.

Esta empresa láctea é unha das beneficiarias das axudas de transformación e comercialización de produtos agroalimentarios deste ano. Recibirá da Consellería de Medio Rural unha achega de 19.142 euros para a súa mellora tecnolóxica coa adquisición de dous axitadores do tanque de auga xeada para fabricar e almacenar os seus produtos elaborados de xeito máis eficiente e económico; unha nova cámara de fermentación e maduración con equipo de frío/calor e controlador de temperatura para a elaboración e conservación de kéfir; e, finalmente, novos equipos frío/calor de maior potencia para a cámara de iogur.

Esta cooperativa fundouna en 1966 o párroco de Loureiro, Antonio González Bernárdez, e malia que inicialmente se dedicou á venda de carne non tardou moito en variar a súa actividade e comezar a produción de leite. Destaca a diversificación de produtos, xa que ademais da leite, comercializan iogur e kéfir.

12 de setembro de 2017 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.