publicidade hoxe

A Xunta amplía a orde de axudas destinada ás asociacións veciñais nun millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao concello da Cañiza

Alfonso Rueda na visita ao concello da Cañiza

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe no marco dunha visita ao concello pontevedrés, que o goberno galego decidiu ampliar nun millón de euros a orde de axudas destinada ás asociacións veciñais, ata chegar a un orzamento global de 2,4 millóns de euros.

Alfonso Rueda, acompañado da directora de Administración Local, Marta Fernández-Tapias visitou hoxe o concello da Cañiza para coñecer aos responsables dalgunhas das asociacións de veciños que se benefician da orde posta en marcha pola Xunta por primeira vez o pasado ano, e que vén de resolverse tamén este ano.

O goberno galego considera fundamental a colaboración co movemento asociativo, como mellores coñecedores das demandas e necesidades reais da cidadanía, polo que decidiu ampliar nun millón de euros esta orde de axudas dirixida a estes colectivos, ata chegar a un orzamento total de 2,4 millóns de euros, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida local, e fomentar e dinamizar o movemento veciñal.

Na Cañiza, ao abeiro destas axudas, beneficiáronse un total de 7 asociacións de veciños e comunidades de usuarios de auga. En total, o investimento ascendeu en todas elas a preto de 74.000 euros. Grazas a esta colaboración, puideron realizar actuacións que, aínda que pequenas, son moi necesarias para a veciñanza, como poden ser melloras na rede de abastecemento e nas traídas, ou o acondicionamento de locais sociais.

Alfonso Rueda visitou posteriormente o local de servizos sociais do concello que o ano pasado, ao abeiro da orde de infraestruturas, recibiu unha axuda de 38.000 euros.

4 de setembro de 2017 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.