publicidade hoxe

A Deputación de Lugo achega 655.000 euros á dotación de novo saneamento ao Concello de Monforte de Lemos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMonforte de Lemos
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este mércores que o Goberno Provincial inviste en Monforte de Lemos un total de 655.000 euros na rehabilitación do saneamento municipal, cos que, ademais de mellorar as dotacións municipais, reducirase a contaminación do Cabe. Do total, son 155.000 euros que o Executivo da Deputación destina a melloras en varias rúas da zona de San Pedro; e outros 500.000 euros que se engaden ao convenio de 1,4 millóns de euros, asinado este mércores polo Alcalde do Concello monfortino, José Tomé Roca, e polo Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz.

Campos Conde destacou que “a nosa colaboración enmárcase dentro da aposta do Goberno por unha Deputación social, rural e coas persoas; e defendeu que as administracións públicas teñen que traballar da man para solucionar os problemas que teñen os cidadáns. Grazas á colaboración do Goberno da Deputación, o Concello poderá mellora as súas dotacións municipais, ademais de mellorar o servizo de saneamento de todo o Concello”.

Convenio de 1.4 millóns de euros

Campos Conde, Tomé Roca e Marín Muñoz asinaron o convenio 1,4 millóns de euros, que se corresponden ás anualidades 2017, 2018 e 2019. Con este orzamento, mellorarase o saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo. Do total, o Goberno Provincial achega os citados 500.000 euros, a Confederación outros 500.000 euros e o Concello de Monforte de Lemos 400.000 euros.

O Presidente da Confederación Hidrográfica apuntou que estes traballos son de vital importancia para mellorar a calidade da auga, e polo tanto, o Medio Ambiente no Concello de Monforte e recoñeceu que a achega da Confederación se corresponde coas multas e sancións interpostas durante os últimos anos ao Concello de Monforte, reinvestindo, polo tanto, os fondos do propio municipio.

Tomé Roca explicou que se eliminarás as incorporacións incontroladas de auga á rede de saneamento, o que axudará, por unha banda, a reducir a cantidade de auga á depurar, facendo máis eficiente o servizo; e por outra, permitirá que a auga que se verte no Cabe este totalmente depurada.

Finalidade do proxecto

As actuacións que se levarán a cabo con este proxecto están encamiñadas a eliminar as infiltracións e aportes incontrolados das augas de escorrentía da rede secundaria de Monforte de Lemos nas rúas citadas anteriormente. Son filtracións procedente das instalacións de ADIF na Rúa Padre Feijóo; as aportacións ao colector da Rúa Juan Montes, procedentes dos núcleos da Rosela, Reigada y Campo del Río; as filtracións de augas freáticas, procedentes dos sotos, que se incorporan ao colector da Rúa Chantada, así como calquera outra aportación incontrolada de auga de escorrentía detectada durante a elaboración do proxecto e a execución das obras.

Outros 155.000 euros

Por outra banda, son 155.000 euros os que destina o Goberno da Deputación para acondicionar o saneamento en varias rúas na zona de confluencia en San Pedro, uns traballos que arrancarán nos vindeiros días tras recibir recentemente o permiso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e que complementan aos do convenio asinado este mércores. Grazas a esta colaboración, o Concello de Monforte poderá ampliar as melloras a realizar na rede de saneamento municipal, das que se beneficiarán os máis de 18.000 veciños de Monforte de Lemos.

21 de setembro de 2017 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.