publicidade hoxe

A Deputación da Coruña comezará en outubro as obras de construción de dúas novas sendas peonís en Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBetanzosLocal Portada
A-
A+

A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá a sinatura dos contratos para a contrución de dúas novas sendas peonís no concello de Betanzos, por un importe conxunto superior ás 150.000 euros.

As obras, que se prevé que comecen durante o vindeiro mes de outubro, permitirán mellorar a seguridade peonil na estrada DP 0901 que da acceso ao peirao de Betanzos, cunha senda de formigón de 2 metros de ancho que discorrerá pola marxe esquerda da calzada entre os puntos quilométricos 0 e 0+260, en paralelo ao parque Pablo Iglesias da capital brigantina. As obras incluirán tamén o reforzo do firme da estrada cunha nova capa de rodaxe de mistura bituminosa en quente.

Tamén na estrada provincial DP 0105, que une os concellos de Bergondo e Betanzos melloraranse as condicións de accesibilidade peonil mediante a construción dun andén de 1,80 metros de ancho que enlazará coas beirarrúas existentes en Viuxa-Cortiñán. O tramo iníciase no PK 0+280 e discorrerá pola marxe esquerda ata o 1+200. Na marxe dereita levará tamén un pequeño tramo de senda entre os os pk 0+430 e 0+485, que permitirá colocar un paso de peóns para os viandantes que se dirixan á rúa Outeiro (Bergondo). Esta senda construirase con mistura bituminosa en quente e contará con bordillo de formigón.

Máis de 33 quilómetros de sendas na provincia

Co obxectivo de mellorar seguridade dos peóns nas vías de titularidade provincial, o departamento de Vías e Obras ten actualmente aprobadas ou en execución máis de 33 quilómetros de sendas peonís, 5 deles en viais polos que discorren tramos do Camiño de Santiago, que supoñen un investimento superior aos 5 millóns de euros. O obxectivo do goberno provincial é alcanzar os 60 quilómetros de sendas construídas antes de 2019.

20 de setembro de 2017 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.