A Deputación da Coruña colabora co concello de Santa Comba para reparar a piscina municipal
A Deputación da Coruña financiará obras de mantemento e reparación na piscina climatizada municipal de Santa Comba.
Este proxecto, cuxa aprobación será ratificada na sesión plenaria do vindeiro venres 15 de setembro, conta cun orzamento total de 69.400 euros, dos cales o 80% será aportado pola Deputación.
No vaso da piscina, os traballos incluirán a rehabilitación do revestimento interior que está en contacto coa auga, mediante a instalación dunha lámina sintética de PVC-P, armada con malla de poliéster e recuberta cun verniz protector.
Así mesmo, en todo o perímetro da piscina instalarase unha membrana antideslizante, co obxectivo de mellorar a seguridade e evitar posibles accidentes.
Complementariamente, tamén se instalarán novos ancoraxes para as corcheiras, boquillas de aspiración e impulsión e de sumidoiros.
En canto ao circuíto de auga quente, o proxecto contempla a instalación de tres acumuladores de auga quente de 1.000 litros de capacidade cada un e un intercambiador de placas de150kWde potencia. Asemade, tamén se renovarán tubaxes, bombas, equipos e sondas para adecuar a instalación.