publicidade hoxe

A Consellería do Mar acometerá labores de mellora da seguridade no porto do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Grove
A-
A+

A Consellería do Mar acometerá diversas melloras de seguridade viaria e peonil no porto do municipio pontevedrés do Grove. Así o trasladou esta mañá a titular do departamento autonómico Rosa Quintana, nunha reunión de traballo co alcalde da localidade para avaliar as necesidades do sector na zona.

Rosa Quintana explicou que Portos de Galicia realizará os traballos de mantemento e conservación do solo portuario grovense. Estas obras uniranse as que o ente público vén acometendo nos últimos meses tamén para a mellora da seguridade peonil nas inmediacións da estación marítima.

Así mesmo, a conselleira do Mar trasladou que Portos de Galicia elaborará un proxecto de viabilidade das obras de acondicionamento de espazos entre o porto e o paseo de Lordelo. Neste caso avaliarase a posibilidade de delimitar beirarrúas e humanizar dita franxa pola que transitan numerosos peóns habitualmente.

Finalmente, Rosa Quintana mostrou tamén o compromiso do seu departamento de axilizar todos aqueles trámites relacionados coas autorizacións que o concello está a solicitar para as obras que quere acometer de xeito directo en zonas portuarias. Segundo explicou, estas accións uniranse ao traballo que a Consellería está realizando a petición da Confraría de Pescadores do Grove para a reordenación e procura de maior calado no porto do Corgo.

6 de setembro de 2017 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.