publicidade hoxe

Xunta e Tráfico forman aos escolares ourensáns en materia de seguridade viaria e protección civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e a subxefa provincial de Tráfico en Ourense, Andrea Conde, participaron hoxe nunha xornada de seguridade viaria e protección civil que tivo lugar no CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, e na que participaron 73 nenos e nenas.

O obxectivo básico desta iniciativa é divulgar entre os participantes os aspectos básicos da seguridade viaria, ao tempo que poden coñecer de primeira man o material de emerxencias co que conta o GES de Pereiro de Aguiar.

Durante a xornada, voluntarios de Protección Civil, membros da Garda Civil de Tráfico e do GES ensinaron aos máis pequenos coñecementos sobre o que é unha vía pública e a forma de comportarse na mesma. Tamén lles impartiron principios prácticos de seguridade viaria (normas de circulación e sinais de tráfico). Deste xeito, conséguese fomentar unha mobilidade máis responsable.

Esta iniciativa inscríbese na colaboración entre o servizo provincial de emerxencias de Ourense e o servizo de formación da Xefatura Provincial de Tráfico, que están a desenvolver de forma conxunta diversos actos de educación viaria e protección civil. Durante este curso académico, estas actividades chegaron aos centros de Cortegada, Castrelo do Miño, O Carballiño, A Gudiña, Manzaneda, O Bolo, Castro Caldelas, Amoeiro, Coles, Lobios, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Ourense e Avión. En total, desenvolvéronse 22 xornadas educativas, nas que participaron preto de 2000 rapaces e rapaza de educación infantil e primaria.

28 de agosto de 2017 | 14:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.