publicidade hoxe

Xunta e Concello de Ares colaborarán no acondicionamento da sala de interpretación do mosteiro de Santa Catarina de Montefaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal Portada
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o alcalde de Ares, Julio Iglesias, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de acondicionamento do cabido do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. Este espazo destinarase a acoller a sala de interpretación deste mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural na categoría de conxunto histórico.

Ao abeiro deste acordo, a Consellería promoverá o proxecto de acondicionamento do cabido como sala de interpretación, o que constitúe a primeira das actuacións de posta en valor do mosteiro dentro das directrices do Plan Director do mesmo. O importe estimado das actuacións ascendería a máis de 123.000 euros. Asemade, a Consellería xa está acometendo reparacións urxentes de elementos puntuais do mosteiro, unha obra que supera os 55.000 euros e que se iniciou este verán.

A intervención, que se inclúe no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dentro da medida Conservación dos mosteiros, conventos, abadías, igrexas e patrimonio eclesiástico galego do obxectivo operativo Conservar o patrimonio cultural galego; realizarase con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia en función das dispoñibilidades económicas da Consellería.

Pola súa banda, o concello de Ares comprométese a autorizar a plena e libre dispoñibilidade dos terreos e inmobles necesarios para que a Consellería poda acometer a execución das actuacións. Así mesmo, o Concello será o responsable de aprobar o documento técnico das actuacións, tramitar a preceptiva licenza e soportar os custos por ela xerados e asumir a dirección de execución material das obras a través dos seus servizos técnicos. Unha vez rematadas as obras, o Concello asumirá a xestión, mantemento e conservación deste espazo.

24 de agosto de 2017 | 14:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.