publicidade hoxe

Entréganse tres vivendas de promoción pública á estrear en Becerreá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, entregou esta mañá tres vivendas de promoción pública no municipio de Becerreá.

Trátase de vivendas de primeira ocupación, dúas delas situadas na rúa Ancares e a terceira na rúa Ramón Piñeiro. Todas dispoñen de tres dormitorios e rondan os 85 metros cadrados de superficie útil.

Os inquilinos accederon ás vivendas, que estrearán nas vindeiras semanas, en réxime de aluguer.

O delegado territorial subliñou que o Goberno galego axiliza ao máximo os procedementos de adxudicación de vivendas de promoción pública na provincia co obxecto de favorecer o acceso a un fogar a aquelas persoas e familias que así o precisan.

Nese sentido, explicou que as vivendas entregadas forman parte dos sorteos realizados polo IGVS e se entregan ás persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, ao que poden incorporarse en calquera momento todas as persoas interesadas en participar neste tipo de procesos.

3 de agosto de 2017 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.